A ITV chega á Fonsagrada en setembro

LugoXa
O Concello da Fonsagrada informa de que a unidade móbil de inspección de vehículos estará na vila a partir do 5 de setembro.
itv
itv
20 Ago 2022

A unidade móbil de inspección técnica de turismos estará na Explanada do Piñeiral, no Concello da Fonsagrada durante o mes de setembro. Así o informa o Goberno local que informa das datas concretas nas que estará dispoñible este servizo.

Do 5 ao 15 de setembro, a unidade móbil estará aberta de 09.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas. Excepto os días 9 e 15 de setembro que o horario será de 09.00 a 13.30 horas.

Para acudir é preciso pedir cita previa ben por teléfono, no 902 309 000, ou ben a través da páxina web da ITV.

0.074615955352783