A ITV chega a Palas a vindeira semana

LugoXa
O Concello de Palas de Rei informa de que a unidade móbil de inspección de vehículos estará na vila a partir do 21 de xullo
itv
16 Xul 2022

A unidade móbil de inspección técnica de turismos estará no Mercado Gandeiro de Palas de Rei durante este mes de xullo. Así o informa o Goberno local que informa das datas concretas nas que estará dispoñible este servizo.

O xoves 21 e o venres 22, así como o martes 26 a unidade móbil estará aberta en horario de mañá e de tarde, é dicir, de 09.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas. Tamén estará dispoñible o mércores 27 en horario de mañá.

Para acudir é preciso pedir cita previa ben por teléfono, no 902 309 000, ou ben a través da páxina web da ITV.

0.18227696418762