A ITV de vehículos agrícolas chegará a Guntín entre outubro e novembro

LugoXa
O servizo móbil desprazarase a diferentes puntos do municipio para facilitar as inspeccións aos veciños
ITV-agricola
29 Sep 2025

O Concello de Guntín recibirá nas vindeiras semanas o servizo móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas. Trátase dunha oportunidade para que os propietarios destes vehículos poidan realizar a revisión obrigatoria sen ter que desprazarse fóra do municipio.

O servizo desenvolverase en diferentes localizacións. Do 3 ao 10 de outubro instalarase en Vila, diante do pavillón de deportes. Posteriormente, do 13 ao 22 de outubro, a unidade móbil situarase no Campo da Feira de Lousada. O mesmo lugar acollerá tamén o servizo do 28 ao 30 de outubro. Finalmente, do 31 de outubro ao 5 de novembro, a inspección realizarase na carretera vella, á entrada de Goián, en San Román da Retorta.

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde. Non obstante, os días 3, 10, 13, 22, 28 de outubro e 5 de novembro o servizo prestarase unicamente en horario de mañá.

⚙ Configurar cookies
0.095602989196777