A ITV móbil agrícola estará en Castro de Rei este mes

TerraChaXa | LugoXa
Estará situada os días 18 e 19 en Castro de Rei e do 22 ao 30 para facer as revisións técnicas a vehículos agrícolas.
tractor
14 Abr 2023

A unidade móbil da ITV estará no Concello de Castro de Rei este mes. Entre os días 18 e 19 de maio estará na propia capitalidade, na rúa Manuel Becerra, e do 22 ao 30 en Castro Ribeiras de Lea, no Mercado Gandeiro, para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.

O horario de atención será de 9 a 13.30. horas e de 15.15 a 18.00 horas agás os días 19 e 26, que será só de mañá.

Non se pasará a inspección de vehículos con carga nin a vehículos con aperos.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.15891408920288