A ITV móbil agrícola estará en Pol a próxima semana

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Estará instalada na praza de Galicia, ao lado da caseta da Carballeira
tractor
20 May 2025

A unidade móbil da ITV estará entre os días 26 e 29 de maio en Pol para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada na praza de Galicia, ao lado da caseta da Carballeira.

As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 27, que só atenderán en horario de mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

tractor-desbrozar-maquina-roza
⚙ Configurar cookies
0.14466691017151