A ITV móbil de vehículos agrícolas desprazarase a Baralla nos meses de febreiro e marzo

A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase ao concello de Baralla durante os meses de febreiro e marzo para facilitar a revisión deste tipo de vehículos á veciñanza. Así o recolle un bando emitido pola Alcaldía no que se detallan os lugares, días e horarios nos que se prestará o servizo.
En Baralla, a unidade móbil situarase no Mercado Gandeiro os días 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Ademais, o día 6 de marzo atenderá unicamente en horario de mañá, de 9:00 a 13:30 horas.
No lugar de Sobrado, a inspección realizarase na explanada do bar As Pozas. As revisións levaranse a cabo os días 12 e 16 de marzo, con horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, mentres que o día 13 de marzo o servizo funcionará só en horario de mañá, de 9:00 a 13:30 horas.
Pola súa banda, en Neira de Rei a unidade móbil situarase no aparcadoiro da Fonte da Saúde. As inspeccións realizaranse os días 2 e 3 de marzo en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, así como o día 26 de febreiro unicamente en horario de mañá, de 9:00 a 13:30 horas.
Para poder realizar a inspección é necesario solicitar cita previa, ben a través do teléfono 981 92 80 80 ou mediante a páxina web oficial www.sycitv.com. Dende o Concello lembran a importancia de cumprir cos prazos da ITV para garantir a seguridade e o correcto estado dos vehículos agrícolas.