A IV Feira de Gando de Baleira celebrarase o 12 de xullo con música, poxas e actividades

O vindeiro sábado 12 de xullo de 2025, o lugar do Cádavo, en Baleira, acollerá a IV Feira de Gando, unha xornada que combinará tradición gandeira, animación musical e actividades para todos os públicos.
A feira dará comezo ás 08:00 horas coa recepción e apertura do recinto feiral, que contará cunha ampla mostra de gando e profesionais do sector. Ás 11:30 horas, o grupo de música tradicional Toxo Queimado porá a nota musical coas súas pezas no campo da feira.
Ás 12:30 horas celebrarase un dos momentos máis destacados da xornada: a subasta de xovencas da raza Rubia Galega, organizada en colaboración con ACRUGA. Media hora máis tarde, ás 13:30 horas, farase entrega de obsequios a todos os gandeiros participantes.
A música continuará a cargo do DJ Adolfo Valiño, que animará a sesión vermú ás 14:00 horas. De seguido, ás 14:30 horas, terá lugar o sorteo dunha escultura de madeira feita con motosierra polo artista Eugenio Linares.
A festa prolongarase pola tarde co tardeo a partir das 16:00 horas, tamén co DJ Adolfo Valiño, ata a clausura da feira ás 20:00 horas.