A librería Trama acolle a presentación dun libro sobre a historia de Fuxan os Ventos

LugoXa
A librería Trama acolle a presentación do libro 50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío
Presentación Trama
15 Mar 2023

A librería Trama acolle a presentación do libro 50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío do autor Mero Iglesias.

A presentación terá lugar mañá xoves ás 19.00 e acompañando ao autor estarán Xulio Xiz, xornalista e Marcos Calveiro, director de edicións da Editorial Galaxia.

O acto contará tamén coa intervención musical de Tania Capón na voz e violín, Paloma Suánzes na voz e quitarra e Yaiza Seijo na voz e violonchelo.

Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío, que dá título a este libro, é un verso en homenaxe e lembranza de amizades cantoras, onde Mero Iglesias se volve relator das súas memorias, dos 50 anos de Fuxan os Ventos e da música daqueles anos importantes da recente historia de Galicia, e que converten esta relación de feitos “na miña verdade, que exerzo na liberdade de contar. Aínda que é certo que vai arroupada con datos que poidan dar proba, por eles mesmos, de que a historia xa foi narrada anteriormente, e discrepo das que outras persoas contaron”, en palabras do autor.

0.18119502067566