A librería Trama acolle dúas presentacións de libros esta semana
A Librería Trama continúa co seu programa de presentacións de libros por parte dos autores. Así, este xoves, 23 de novembro será a vez de Eva Teixeiro, que presenta a obra Mapa.gal.
O acto de presentación, no que participará a propia autora, será ás 19.00 horas.
O venres, será a vez Crónicas de Vanusum I: El reino de los reinos, de Andrea Micc. Á mesma hora tamén na librería.
Hai tempo, os quince reinos fantásticos foron separados por mor da Gran Conquista Negra. Foron tempos escuros: de fame, miseria, medo e submisión. Tempos nos que a maxia negra apoderouse ao completo dos corazóns dos seus habitantes, arrebatándollo todo. Con todo, algo inesperado sucedeu e Vanusum conseguiu recuperarse. Os seres desas terras refixeron as súas vidas e durante décadas, conseguiron vivir en paz. Pero contra toda crenza o mal non fora derrotado; senón que se escondía e crecía en silencio na escuridade, para unha vez esquecérono, volver cubrilo todo. Esta vez, máis forte que nunca. A maxia negra invádenos, existe alguén no Reino dos Reais? Crónicas de Vanusum narra o comezo dunha orixinal aventura repleta de maxia, amizade, amor, traizón e superación que cruza o límite do coñecido, guiándonos por un mundo no que será necesario crer que nada é imposible.