A librería Trama acolle esta tarde a presentación da revista Clara Corbelhe

LugoXa
A librería Trama acolle hoxe 24 de marzo a presentación do segundo número da revista Clara Corbelhe ás 19.00
clara corbelhe portada
24 Mar 2023

A librería Trama acolle hoxe venres 24 de marzo ás 19.00 a presentación do segundo número da revista Clara Corbelhe.

Neste segundo número da revista Clara Corbelhe, titulado O campo intelectual: ideologia, blocos de poder e instituições na Galiza, propoñen unha reflexión poliédrica sobre cuestións raramente tratadas na conversa pública galega.

Que é o que entendemos por produción intelectual? Onde é que podemos localizar os grandes dispositivos de produción intelectual da direita española en Galicia? E da esquerda española en Galicia?

Na presentación estarán presentes Alicia Pajón e Javier de Pablo.

clara corbelhe
0.14229893684387