A Librería Trama e Lugo Patrimonio abren o club de lectura
LugoXa
A primeira reunión será este venres 20, ás 17.00 horas na tenda
20 sep 2024
A Librería Trama e Lugo Patrimonio únense de novo para impulsar un club de lectura, que terá o seu inicio este venres, 20 de setembro.
Ás 17.0o horas será primeira reunión desta entidade, un club de lectura de libros en galego de narrativa, poesía, biografías, ensaio, clásicos e novidades.
Terán reunións unha vez ao mes e haberá encontros con autores e autoras. Este primeiro encontro será arredor das lecturas Vencellos feroces, de Vivian Gornick (Rinoceronte), e Pel de cordeiro, de Ledicia Costas (Xerais).
Para apuntarse pode facerse na propia librería ou chamando ao 982 254 063.