A localidade de Dumia celebra o sábado unha gran festa

O lugar de Dumia, no concello de Cervantes, celebrará o vindeiro 9 de agosto unha xornada festiva en honra á Virxe das Neves cun completo programa de actividades para todas as idades, que combina tradición, música, xogos e cultura.
A festa comezará ás 13:00 horas coa misa e procesión en honra á Virxe das Neves, seguida da sesión vermú a cargo do dúo Eclipse ás 13:45. Pola tarde, ás 17:30, será a quenda da actuación do grupo As Lavandeiras, que dará paso, ás 18:15, ao concurso O Preguntoiro, centrado no coñecemento sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, cun atractivo sistema de premios para os mellores concursantes.
Ás 19:00, os máis pequenos poderán desfrutar de xogos tradicionais e inchables de balde. Ás 20:30 terá lugar unha degustación de mel e a entrega oficial dos premios do concurso.
A xornada culminará cunha festa rachada a partir das 23:00 horas, animada polo dúo Eclipse e a discómóbil DBC.