A localidade de Esperante celebra as súas festas a fin de semana
LugoXa
O sábado haberá actividades para os nenos a partir das 19.00 horas
17 Sep 2024
Esperante, en Castroverde, estará de festa esta fin de semana na honra á Virxe as Angustias.
Arrancarán os actos o sábado, ás 13.00 horas cunha misa solemne e procesión, que se completará coa sesión vermú a cargo da orquestra Solimar.
Pola tarde, ás 19.00 horas, está prevista unha actividade para a cativada, contacontos Krikiki, da man de Jacinta Martín; búsqueda do tesouro con xogos participativos, pompas de xabón, etc.
A verbena da noite contará de novo con Solimar e Disco Móvil CocoMusic.
O domingo tamén haberá oficio relixioso e a sesión vermú de fin de festa será co dúo Elixir.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.