A localidade lucense de Coeses celebra as súas festas

LugoXa
Coeses, unha das parroquias do concello de Lugo, celebra esta fin de semana as súas festas na honra a Santa María Magdalena.
festas coeses lugo portada
20 Xul 2023

Coeses, unha das parroquias do concello de Lugo, celebra esta fin de semana as súas festas na honra a Santa María Magdalena.

Estas darán comezo o venres cunha churrascada popular pola noite, que estará amenizada pola verbena que ofrecerá La Travesía.

O sábado, o programa contempla misa ás 13.30 horas, seguida da sesión vermú a cargo da orquestra Alabama. Xa pola noite repite esta mesma orquestra xunto a Cinema.

O domingo continuarán as celebracións cunha misa solemne á mesma hora. Tanto a sesión vermú como a última verbena estarán ao cargo de Stereo.

festas coeses lugo
0.095746994018555