A lucense Ana Cernadas destaca no Campionato de natación de España de verán

Ana Cernadas, nadadora do Club Fluvial de Lugo, triunfou no XLII Campeonato de España junior de verán. Despois de quedar campiona de España nos 100 metros costas junior, a lucense logrou outro ouro nos 200 metros costas junior, unha prata nos 100 metros libres junior e un bronce nos 200 metros costas absolutos.
Uns resultados que a deixan sendo unha das deportistas máis destacadas na súa categoría e colarse na élite da natación española. Así mesmo, grazas ao ouro nos 100 metros costas junior convírtese na primeira representante feminina do Club Fluvial en lograr este fito.