A lucense Marisol Bravos presentará o seu libro ‘Unha historia de superación’

LugoXa
Terá lugar este mércores, 27 de novembro, na Biblioteca Provincial de Lugo
Marisol-Bravos
26 Nov 2024

A lucense Marisol Bravos presentará o seu libro ‘Unha historia de superación’ este mércores, 27 de novembro, na Biblioteca Provincial de Lugo.

Así, a partir das 19.00 horas, todas as persoas interesadas en coñecer máis a historia desta muller con diversidade funcional e os obstáculos que tivo que pasar na vida, poderán acudir de maneira gratuíta.

Durante a presentación, participarán Marisol Bravos, Valentín García, secretario xeral da Lingua; Pepe V. Peinó, escritor; Xulio Xiz, xornalista; e Isabel Pérez, directora da Biblioteca. Ademais, haberá acompañamento musical con Aida Río, do colexio de Alfoz; e de Roi Álvarez, do CEIP Veleiro Docampo.

0.16575908660889