A ludoteca de Palas de Rei comeza o novo curso
Un ano máis, a Ludoteca de Palas de Rei abre o curso para a cativada de todo o municipio. Deste xeito, o servizo municipal abrirá o vindeiro 31 de outbro en horario de 9.00 a 14.00 horas. Os interesados xa poden realizar a súa inscrición no Concello ou na propia ludoteca. Con esta proposta, dende o Goberno local continúan a apostar pola oferta de actividades no municipio, así como facilitar a conciliación para as familias.
Unha ludoteca é un espazo dedicado ao xogo e ao lecer educativo, onde os nenos poden participar en actividades lúdicas de maneira estruturada ou libre. O obxectivo principal deste servizo é fomentar o desenvolvemento integral dos nenos a través do xogo, contribuíndo ao crecemento cognitivo, emocional, social e físico dos participantes. Deste xeito, a través das actividades lúdicas, promóvese o crecemento e o desenvolvemento saudable nun ambiente que respecta os ritmos individuais e facilita a aprendizaxe e a socialización.