A Mancomunidade do Camiño Francés presenta a guía gastronómica 'Saborea o Camiño Francés'

GaliciaXa | LugoXa | SarriaXa
A iniciativa aposta polos produtos locais e de calidade dos once concellos desta ruta xacobea
Guía-Gastronómica-do-Camiño-Francés
26 Feb 2026

A Mancomunidade do Camiño Francés presentou en Arzúa a súa nova guía gastronómica titulada 'Saborea o Camiño Francés', unha proposta que pon en valor o produto local, diferenciado e de calidade dos once concellos que percorre esta histórica ruta xacobea.

Ao acto asistiron representantes institucionais de varios concellos do Camiño Francés, entre eles a alcaldesa de Paradela, Montse Mulet Sar, a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, e o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez. Interviron tamén a presidenta da Mancomunidade, Begoña Balado, o vicepresidente, Xosé Igrexas, e o director da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo e presidente da Federación Europea do Camiño de Santiago, Ildefonso de la Campa Montenegro.

A guía ofrece unha ollada ás paisaxes, produtos e autenticidade que se poden atopar nos 11 concellos galegos que atravesan o Camiño Francés e é accesible mediante un código QR. É un avance da riqueza culinaria que recibe ao camiñante en cada pausa, en cada mesa e en cada xesto de hospitalidade. Un camiño para saborear, desfrutar e deixarse sorprender en cada recuncho, consolidando unha proposta que combina patrimonio, cultura e gastronomía.

0.12794518470764