A marcha nórdica será protragonista en Lugo esta fin de semana

LugoXa
A marcha nórdica será protragonista en Lugo esta fin de semana con dúas competicións oficiais, unha saída turística e unha andaina
MArcha nórdica lugo
8 Mar 2023

Esta fin de semana a Marcha Nórdica, unha disciplina deportiva que consiste en camiñar dunha maneira natural á vez que empregamos uns bastóns acompañando ao abalo instintivo dos brazos, será protragonista na cidade de Lugo.

O día 12 celebrarase a I Copa Xunta de Galicia da FGM e o I Open Concello de Lugo organizados polo Club Nordic Walking Lugo en colaboración coa Federación Galega de Montaña, que desde hai pouco incorporou esta actividade como disciplina deportiva.

Este deporte ten a característica de ser unha actividade física que se pode practicar de maneira segura a calquera idade e en contornas variadas, polo que o número de deportistas desta disciplina aumentou de manera significativa nos últimos anos. Como consecuencia, tamén está habendo un incremento de participación en competicións celebradas por clubes e entidades deportivas.

Neste contexto, os eventos que terán lugar en Lugo o 11 e o 12 de marzo co obxectivo de conciliar o disfrute deste deporte coa competición e coa promoción cultural e turística da cidade de Lugo e a súa contorna. Deste xeito, haberá unha primeira xornada de encontro entre walkers (“camiñantes”), na que se fará unha saída recreativa polo monte baixo do concello de Lugo pola mañá, e unha andaina turística polo centro da cidade pola tarde.

A xornada do día 12 está reservada para os dous eventos competitivos, que se desenvolverán na Muralla de Lugo, e que consistirán en percorrer o monumento durante cinco voltas, a Copa e durante tres voltas o Open. A saída e a meta serán na Praza Maior, desde onde os participantes se dirixirán cara a rampa que sube á Muralla Romana desde a Catedral, comezando o percorrido circular.

Unha vez finalizada a competición terá lugar a entrega de premios dos gañadores, seguido do chamado terceiro tempo, no que os camiñantes e os seus familiares a amigos celebrarán o acontecemento cunha comida conxunta.

Estas dúas probas serán unhas probas arbitradas e cronometradas, con saída en masa e nas que poderán participar todas as persoas que o desexen, sen necesidade de estar federadas. Aplicarase o regulamento oficial de Marcha Nórdica da FEDME, coa variación de que unha vez alcanzado o número máximo de tarxetas non haberá eliminación do marchador/a por acumulación de tarxetas, pero si unha penalización de 15 minutos, que se sumará ao tempo de entrada na meta.

A competición desenvolverase realizando tres voltas á Muralla Romana de Lugo (2200 metros cada unha), máis o tramo que vai desde a rampla de subida ao monumento ata a meta, tanto ao comezo como ao final do percorrido cunha distancia total é de 7400 metros. Gañarán as persoas que fagan o menor tempo posible (incluídas as penalizacións) ao seu paso pola meta.

As inscricións poderán realizarse a través da seguinte páxina web.

resumen
0.14742684364319