A mascota do Club Deportivo Lugo, Nabic, estará esta tarde na Praza Maior cun "xogo especial"

LugoXa
Trátase dunha iniciativa social que se leva a cabo desde o Club Deportivo Lugo para conseguir encher o estadio Anxo Carro no vindeiro partido do domingo
Nabic-mascota-do-Club-Deportivo-Lugo
14 Nov 2024

O Club Deportivo Lugo promove unha campaña social para conseguir que a afección lucense vaia ver o enfrontamento que terá lugar o domingo ás 19.30 horas no Anxo Carro contra o CD Arenteiro.

Desta maneira, representantes da entidade do Departamento de Comunicación e a mascota do Club, Nabic, achegaranse á Praza Maior de Lugo entre as 16.00 e as 18.00 horas para retar aos lucenses a participar "dun xogo especial", tal e como informan desde a entidade.

Grazas á participación nesta iniciativa, os afeccionados lucenses poderán compartir un momento divertido con Nabic e ademais conseguir entradas gratis para o partido, fomentando así encher o estadio do club lucense.

0.19884991645813