A maxia chega a Portomarín esta fin de semana
O I Festival de maxia Conde de Waldemar chega a Portomarín os días 24, 25 e 26 de marzo onde 12 magos de diferentes partes do mundo realizarán os seus espectáculos.
A programación dará comezo o venres 24 ás 11.00 cunha actuación de maxia no colexio Ceip Virxe da Luz a cargo de Nacho Samena e Marcos Waldemar.
Pola tarde ás 19.00 terá lugar o acto de inauguración da Sala de lectura xuvenil Conde de Waldemar e a apertura do festival no Pazo Xeral Paredes.
O sábado as actividades darán comezo ás 11.00 cunha actuación de maxia peregrina polos albergues da vila para continuar ás 17.00 cunha gala de magos de Galicia no Pazo Xeral de Paredes.
Xa máis entrada a noite ás 20.00 e ás 00.00 haberá dúas galas de maxia, a primeira será de maxia de preto no Pazo Xeral Paredes e última, de maxia clandestina, celebrarase no restaurante O Mirador.
O domingo 26 ás 11.00 darán comezo os obradoiro de maxia na Casa da Cultura a cargo de Fernando Moreno e as 12.00 haberá unha conferencia para magos, de Javi Benítez, no Pazo Xeral Paredes.
Ás 12.30 a Casa da Cultura acollerá un show de maxia infantil co mago Paco e para finalizar esta fin de semana de maxia ás 20.00 a Gran gala final que se celebrará na praza do Camiño.