A maxia das parroquias: San Vicente do Burgo

LugoXa
San Vicente do Burgo é unha parroquia pola que discorreo o camiño primitivo e na que podemos atopar unha igrexa barroca e un santuario
Santuario San Bartolome burgo
20 Nov 2022

O municipio de Lugo garda entre as súas parroquias pequenos recunchos cheos de patrimonio cultural e natural que en moitas ocasións pasan desapercibidos. Ubicada en pleno Camiño Primitivo San Vicente do Burgo está situada a de dez quilómetros do centro da cidade e garda dous pequenos segredos que merece a pena visitar.

As terras desta parroquia e as súas fronteiras xa se mencionan en documentación do século XII ó igual que o nome do Burgo que remite a un horizonte medieval. Actualmente consta de seis núcleos de poboación sendo O Burgo o lugar onde conviven máis da metade dos veciños. Carrigueiros, Garaloces, Poutomillos, Penas e Canedo de Abaixo son o resto de núcleos que conforman esta parroquia situada o sudoeste da cidade de Lugo.

A igrexa parroquial de San Vicente do Burgo, que posúe un estilo barroco, data do século XVIII e destaca polo seu tamaño e deseño. Consta dunha única nave de bóveda de canón con bóvedas secundarias de media lúa nos laterais e unha portada principal adintelada con un frontón semicircular. Na fachada principal podemos atopar en pedra a a figura de San Vidente, un reloxo que mantén aínda un mecanismo manual e, no alto, unha torre cadrada que garda as campás.

A igrexa conta ademais con unha capela maior cunha bóveda de media laranxa sobre pendente que remata en lanterna. No seu interior varios retablos, o de maior tamaño datado de finais do século XVIII, figuras de anxos sostendo os candelabros que datan do século XVIII e diferentes pinturas sin datar que foron retocadas en 1855. No ano 2020 o Concello de Lugo organizou os Premios Connexio para proxectos de creación artística en seis igrexas do camiño primitivo dentro do municipio. Na igrexa de San Vicente do Burgo foi o artista Juan López quen propuxo unha dúas instalacións sonoras, unha no interior da igrexa e outra no exterior.

A igrexa parroquial de San Vicente do Burgo, que posúe un estilo barroco, data do século XVIII e destaca polo seu tamaño e deseño. Consta dunha única nave de bóveda de canón con bóvedas secundarias de media lúa nos laterais e unha portada principal adintelada con un frontón semicircular. Na fachada principal podemos atopar en pedra a figura de San Vidente, un reloxo que mantén aínda un mecanismo manual e, no alto, unha torre cadrada que garda as campás.

A igrexa conta ademais cunha capela maior con bóveda de media laranxa sobre pendente que remata en lanterna. No seu interior varios retablos, o de maior tamaño datado de finais do século XVIII, figuras de anxos sostendo os candelabros que datan do século XVIII e diferentes pinturas sin datar que foron retocadas en 1855. No ano 2020 o Concello de Lugo organizou os Premios Connexio para proxectos de creación artística en seis igrexas do camiño primitivo dentro do municipio. Na igrexa de San Vicente do Burgo foi o artista Juan López quen propuxo dúas instalacións sonoras, unha no interior da igrexa e outra no exterior.

Pero, sen dúbida, o elemento mais sorprendente que esconde esta parroquia é o Santuario prerromano de San Bartolomé do Burgo agochado entre carballos e situado moi preto da igrexa. O recinto que corresponde á capela maior está integrado nun pequeno outeiro rochoso que no interior serve como base para o altar e que conta cunha cova subterránea pola que pasa unha corrente de auga.

O templo orixinario, previo a época cristiá, esta considerado como un lugar de culto para a antiga deusa Nabia moi vinculada ós cultos acuáticos. A actual construción de planta rectangular e granito esta realizada respectando o templo primitivo e a roca sobre a que se apoia. Este santuario acolle na súa capela maior un retablo barroco de San Bartolomé do século XVII e consta dun pórtico aberto sobre oito piares octogonais. No exterior unha pequena cazoleta tallada en pedra recolle a auga da choiva para lavar o corpo dos antigos devotos.

San Vicente do Burgo igrexa
San Vicente do Burgos Interior
0.20291900634766