A maxia das parroquias: Santa María Alta
A menos duns 20 quilómetros da cidade de Lugo, atópase a parroquia de Santa María Alta. Conservan en moi bo estado a igrexa parroquial do século XVII, aínda que presenta unha portada que se engadiu posteriormente, no século XX. É unha igrexa irregular debido ao gran volumen da sancristía que se encontra adosada á nave do edificio relixioso de planta rectangular cunha cuberta a dúas augas. Presenta unha silería de pedra, que queda á vista na fachada, mentres que o resto de panos están recocados e a cuberta é de lousa.
A fachada remata en dúas piñas de estilo renacentista e está coroada por unha espadana de dous vanos oxivais para o corpo de campás, sobre os que se atopa un óculo. Como noutros moitos núcleos de poboacións, os cruceiros forman parte do patrimonio desta parroquia. Entre eles, atópase o centenario cruceiro de Marcoi. A peza, que data do 1898, está situado directamente sobre una pedra irregular e presenta un fuste octogonal rematado nos extremos de forma cuadrangular e un capitel con forma de pirámide invertida truncada.
En Marcoi tamén se pode contemplar un hórreo mixto, de pedra e madeira e planta rectangular, elevado sobre unha alta soleira maciza de mampostería de granito. Presenta unha cámara de dous claros, columnas de granito e os laterais péchanse con listóns de madeira dispostos verticalmente. O tornarratos, de cantería e perfil rectangular, percorre todo o seu perímetro, e a cuberta é a dúas augas, sen remates decorativos.
Outro dos elementos que nos remonta ao pasado do lugar é o muíño de Vilariño no regato Fondevila. Conta cunha planta rectangular en mampostería de pedra e Tellado de lousa que tapa da choiva as adarajas destinados aos sacos de gran e fariñas. No regato de Portacorbelle tamén se encontraba outro muíño de pequenas dimensións e planta baixa, de forma rectangular e cuberta a dúas augas.