A maxia das parroquias: Santa María de Muxa

LugoXa
Neste núcleo de Lugo consérvase a igrexa que data do século XIX e conta cunha torre de comezos do XX
santa-maria-de-muxa-parroquia-lugo
23 Nov 2024

Entre os montes de Outeiro, Sartego e Medio, atópase esta parroquia de Muxa, que limita con San Esteban de Benade, con San Xulián de Rubias e con San Salvador de Muxa.

O río Porto de Lugo, que ten distintas denominación ao seu paso polas aldeas e nace en San Esteban de Benade e transcorre polo límite do polígono do Ceao, atravesa o núcleo.

As vivendas na súa maioría son de cantería, cuberta a dúas augas e base de lousa do país. A igrexa, situada en Muxa de Arriba, presenta un corpo principal do século XIX e unha torre de comezos do XX de dous corpos. Ten unha nave e está realizada en cadeirado que queda vista na portada, nas esquinas e nos ocos de fachada, mentres que os panos de fachada aparecen revogados. Ademais, conta cun cruceiro na Igrexa de Santa María de Muxa e cun reloxo que data de 1919.

A fachada da cabeceira presenta pilastras nos laterais con capiteis decorados, entre elas e esculpida un relevo da Ascensión da Virxe. Sobre un entablamento atópase a torre de campás, de traza barroca, con catro vanos en arco de medio punto que albergan o corpo de campás e rematada por unha cúpula galonada situada sobre un tambor.

Na Carballosa, no Castro Cubela, consérvase a Pena de Ouro, un altar que se mantén sobre unha roca de grandes dimensións. Dispón dunha base con forma de pirámide truncada sobre a que se levanta o fuste, de sección octogonal e cuadrangular nos extremos. Conta cun capitel mínimo e unha cruz tipo celta.

Outro dos elementos característicos de Muxa é a Ponte da Tolda, de pedra con catro ollos en arco de medio punto, os laterais de radio inferior, con pretil metálico.

 

santa-maria-de-muxa-parroquia
⚙ Configurar cookies
0.19519400596619