A maxia das parroquias: Santalla de Bóveda de Mera

LugoXa
Un dos lugares máis máxicos e enigmáticos de Europa atópase a poucos minutos de Lugo. Trátase do monumento de Santa Eulalia de Bóveda.
Santa_eulalia_de_boveda_fachada
14 Ago 2022

Se por algo destaca Lugo é polas súas xentes que se distribúen entre barrios e parroquias dando vida a todos e cada un dos recunchos da capital. E será por recunchos.

Un dos lugares máis máxicos e misteriosos das parroquias de Lugo é Santa Eulalia de Bóveda. A uns vinte minutos do centro da cidade escóndese, entre árbores, un monumento romano do que, polo momento, non se coñece nin a orixe, nin a función ou o propósito da súa construción.

Malia o enigma que supón, o que si parece claro é que se trata dun lugar de culto vinculado ao paganismo que, nalgún momento da súa historia puido ser cristianizado.

Situado na parroquia de Santalla de Bóveda de Mera, mestura estilos moi diferentes, dende toques exipcios, características gregas e un claro pasado romano. Máis tarde engadíronse elementos visigodos e, incluso, serviu como igrexa católica.

Unha parroquia, a de Bóveda de Mera, que levantou falares a mediados dos anos vinte do pasado século tras descubrirse, na igrexa, unha estraña cripta soterrada. Unha sala pechada por escombros dividida en tres espazos separados por arcos. Todo iso, recuberto por unha bóveda con decoración temática, posiblemente estrelas e motivos xeométricos. Na súa fachada, descóbrese un vestíbulo porticado con dúas columnas.

Máis aló do misterioso monumento, está a súa contorna. Unha aldea con construccións tradicionais de pedra e lousa que se pode visitar facendo a ruta sinalada duns 5 quilómetros. Ademais das casas e os valados no paseo pola parroquia de Santalla de Bóveda pódense descubrir lavadoiros e fontes tradicionais.

Un dos puntos máis chamativos desta parroquia é a contorna do río Mera, onde se poderá ver o Muíño de Cabreira, todavía en funcionamento.

Muíño_no_río_Mera
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
0.19223499298096