A media maratón Os 21 do Camiño de Palas de Rei celebrarase o 17 de xuño
O próximo 17 de xuño celebrarase a décima edición da media maratón Os 21 do Camiño que se disputará entre as localidades de Palas de Rei e Melide.
A saída será na praza de Palas de Rei dando unha voltas polo pobo para a continuación colle o Camiño de Santiago ata a localidade de Melide e así completar un total de 21.097 metros.
Os participantes terán varios puntos de avituallamento líquido e sólido durante o percorrido , así como outro a chegada a meta.
Os participantes recibirán unha bolsa de corredor con regalos, instrucións, dorsais e chip e os cinco primeiros clasificados masculinos e femininos en categoría xeral recibirán premio económico. O primeiro clasificado recibirán 500 euros, 300 euros para o segundo e 200 para o terceiro. O cuarto recibirá 150 euros e o quinto clasificado 100.
Os 750 dorsais dispoñibles para participar na proba están xa esgotados rematándose nun tempo récord, en menos de hora e media tras a apertura do prazo de inscrición.