A Milagrosa celebra a súa tradicional Feira de San Isidro
LugoXa
O programa tamén contará cunha actuación musical, degustacións de embutidos e queixos doados pola Deputación de Lugo
Pregón da cita
25 Maio 2024
O barrio da Milagrosa celebra a 27ª edición da tradicional Feira de Produtos do Campo e Artesanía de San Isidro. Os deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, asistiron ao pregón da cita, que se terá lugar esta fin de semana na contorna da praza da Milagrosa co apoio da Deputación de Lugo.
O pregoeiro foi Alfonso Riveiro, quen abriu esta cita que inclúe este ano como novidade unha degustación de becerro ao espeto o sábado pola tarde. O programa tamén contará cunha actuación musical, degustacións de embutidos e queixos doados pola Deputación de Lugo, así como a entrega dos premios José Carballido, que será o domingo de peche da feira.