A Milagrosa celebra o Día de Galicia con música e actividades para a cativada da man de Facer Lugo

A asociación Facer Lugo organizará unha xornada especial o 25 de xullo para conmemorar o Día de Galicia no barrio da Milagrosa, onde se celebrarán diferentes actividades pensadas para públicos de todas as idades.
Ao mediodía está prevista unha actuación de música tradicional, mentres que pola tarde os protagonistas serán os máis pequenos, que poderán gozar dunha sesión de xogos infantís na praza da Milagrosa entre as 16:30 e as 19:00 horas.
A festa continuará á noitiña cunha proposta musical itinerante. A partir das 20:30 horas, o grupo Louband animará as rúas do barrio cunha actuación que culminará na praza da Milagrosa arredor das 23:30 horas, poñendo así o broche final a unha xornada festiva na que a veciñanza poderá celebrar o Día de Galicia sen saír do barrio.