A Milagrosa comeza este venres as súas festas

LugoXa
O barrio da Milagrosa arranca este venres coas súas festas.
Festas Milagrosa portada
31 Ago 2023

O barrio da Milagrosa arranca este venres coas súas festas. A xornada dará comezo ás 19.30 coa actuación dun grupo folclórico para dar inicio co pregón ás 20.30 a cargo de Ana González Abelleira. 

Ás 21.00 terá lugar a inauguración do feiral e o grupo Eureka será o encargado de amenizar a verbena que dará comezo ás 21.30. 

O sábado continúa a festas ás 13.30 coa sesión vermú do grupo Pekados e xa pola tarde ás 17.00 será a quenda do torneo de xadrez na rúa Menorca. 

Tamén na rúa Menorca ás 18.00 dará comezo a actuación dun Dj acompañado dun desfile de moda. A verbena da noite dará comezo ás 21.30 e contará coas actuacións do dúo Elixir e o grupo Pekados. 

A misa das 12.00 será o comezo do domingo que continuará cunha sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate ás 13.30 que tamén será a encargada de amenizar a verbena ás 21.30.

O luns e o martes ás verbenas darán comezo ás 21.30 a primeira a cargo da orquestra Marbella e a segunda a cargo da orquestra Acordes. 

O mércores día seis será o día do neno cunha actuación ás 17.00 do Mago Roberto Lolo e ás 18.00 dunha charanga. Para rematar as festas, tamén ás 18.00 haberá un chocolate con churros na praza Agro do Rolo. 

Festas Milagrosa
0.1565089225769