A Milagrosa inicia as súas festas con Grupo Extra, El Combo Dominicano e Grupo Beatriz

LugoXa
O recinto feiral inaugurarase ás 21.00 horas e a verbena estará amenizada pola orquestra El Combo Dominicano acompañada co Dj Ayran
festas-de-vilalba-concerto-combo-dominicano-verbena-6
El Combo Dominicano
29 Ago 2024

O barrio da Milagrosa de Lugo celebra as súas festas dende este xoves día 29 de agosto e ata o 2 de setembro. O programa comeza coa actuación da Louband ás 18.30 horas, seguida do pregón a cargo de Ana Mar Fraga e Montse González a partir das 20.30 horas. O recinto feiral inaugurarase ás 21.00 horas e a verbena, que será ás 22.00 horas, estará amenizada pola orquestra El Combo Dominicano acompañada co Dj Ayran. O programa continúa o venres 30 coa exhibición ás 17.00 horas de Star Dance, Tambukada polas rúas a continuación e xa pola noite, ás 22.00 horas, actuación do Grupo Beatriz e os Dj Frisco e Marcos Peón.

Xa o sábado haberá misa, sesión vermú con Punto Clave ás 13.30 e torneo de fútbol en Frigsa ás 16.00. Pola tarde tamén haberá unha exhibición de Gravitty e un torneo de xadrez na rúa Menorca ás 17.00. Pola noite será a quenda de Punto Clave dende as 22.00 horas e do Grupo Extra que ofrecerá un concerto de balde a partir da 1.15 horas. O domingo haberá misa, sesión vermú e verbena coa orquestra Galilea e exhibición de Ritmolugo. O luns 2 rematan as festas co Día do Neno no que os máis cativos serán os protagonistas. A partir das 16.00 horas haberá inchables de balde para todos os que se acheguen e tamén unha gran chocolatada a partir das 18.00 horas.

festas_a_milagrosa
0.19949793815613