A Milagrosa lamenta o estado da rúa Xardín
A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa está recibindo múltiples queixas por parte dos veciños sobre o lamentable estado no que se atopa a rúa Xardín, que está situada entre a rúa Serra de Ancares e a rúa Río Éo. Trátase dunha zona moi transitada ó estar situada preto dun organismo oficial (Sección de Cualificación y Valoración de Discapacidades – Xunta de Galicia), de zonas de aparcadoiros e dun canil.
Según os veciños a rúa atópase nun estado deplorable, ademais de non contar con beirarrúas, estar sen urbanizar e completamente chea de residuos e lixo.
Por esta razón, dende a Asociación anteriormente mencionada solicitan a pronta intervención da Concellería de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo para dar solución ao estado en que se atopa a rúa Xardín.