A Milagrosa prepárase para unha semana chea de festa este setembro

O barrio da Milagrosa en Lugo xa ten listo o seu cartel festivo para este setembro, cunha programación variada e chea de música, actividades e diversión para todas as idades. As festas darán comezo o mércores 3 e prolongaranse ata o domingo 7, cunha ampla oferta de concertos, verbenas e actuacións.
O mércores 3, o pregón correrá a cargo de Erik Quintela, capitán do Río Breogán, seguido pola actuación da Mekánica Rolling Band e o ritmo de El Combo Dominicano, que promete animar a noite coa súa enerxía caribeña.
O xoves 4, será a quenda dunha das formacións máis esperadas: París de Noia, que traerá á Milagrosa a súa posta en escena espectacular.
O venres 5, haberá actuacións para todos os gustos, desde os tradicionais Airiños de Orbazai, pasando polos Heredeiros da Crus, icónica banda do rock galego, ata a sesión DJ de Casanova e o espectáculo de Os Valuros.
O sábado 6 celebrarase cun completo programa que inclúe un concerto infantil con Uxía Lambona e a Banda Molona, a verbena de Tapyoka, e a actuación de Gin Toni’s, unha das bandas revelación no panorama das verbenas.
Finalmente, o domingo 7, as festas pecharanse cunha dobre sesión a cargo da orquestra Costa Dorada e o espectáculo móbil de La Duendeneta, que manterá o ambiente festivo ata o último momento.
As festas da Milagrosa contan co apoio do Concello de Lugo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e numerosos patrocinadores e colaboradores locais.