A mocidade lucense xa pode aprender a pilotar drons
O Concello de Lugo organiza un curso gratuíto, destinado á mocidade, de piloto de drons. A acción, coordinada polo Servizo de Prevención de Drogrodependencias e outras adiccións, disporá de 75 prazas.
Rapaces de entre 16 e 30 anos poderán participar nesta iniciativa que ofrecer unha oportunidade de formación “nunha actividade que está a emerxer con forza con moitas saídas en diversos sectores do mercado laboral”. Así o afirmou esta mañá Mauricio Repetto, concelleiro de Xuventude, área encargada deste servizo. O alumnado non precisará de coñecementos previos para participar neste curso.
Os cursos terán lugar xoves, venres e sábado dende o 19 de maio ata o 30 de xuño. A actividade dura 2 horas, de 16 a 18 ou de 18 a 20 horas os xoves e venres. Os sábados poderán elixir entre de 10.30 a 12.30 ou de 12.30 a 14.30 horas.
Os interesados poden inscribirse de maneira individual ou en parella, xa que cada hora atenderase exclusivamente a 2 persoas para asegurar a atención merecida e a oportunidade de participación dos asistentes.
As prácticas realizaranse nunha pista con permiso para voar con drons, situada en Lugo. O monitor encargado da actividade contactará previamente con todos os rexistrados para aclarar calquera dúbida relacionada coa ubicación.
As inscricións abriranse o vindeiro 9 de maio, e deberán realizarse través da web www.lugomasxti.org. Finalizarán os venres anteriores ao comezo da actividade semanal.