A Mocidade Traballadora da Muralla abre as súas asembleas cun acto político e cultural

LugoXa
O Centro Social Mádia Leva acollerá o xoves 26 unha charla, un concerto e un micro aberto con petiscos veganos
centro-social-Madia-Leva-Lugo
23 Mar 2026

A Asemblea da Mocidade Traballadora da Muralla (AMT), organismo de base local da Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) en Lugo e do Movemento Socialista (MS), organiza un acto de presentación e apertura ao público das súas asembleas.

A iniciativa busca impulsar a acción política a nivel local e fomentar a conciencia de clase entre os distintos sectores da clase traballadora lucense, tanto desde unha perspectiva teórica como a través de propostas lúdicas e culturais.

O evento celebrarase o vindeiro xoves 26 no Centro Social Mádia Leva a partir das 19:30 horas. A programación comezará cunha charla de presentación centrada na necesidade de organización fronte ao auxe do belicismo, o rearmamento e o imperialismo.

A continuación, ás 20:15 horas, terá lugar un concerto do grupo O Conto de Sempre, e xa ás 21:00 horas desenvolverase un micro aberto musical. Durante a xornada tamén se ofrecerán diversos petiscos veganos para as persoas asistentes.

0.12304711341858