A mostra fotográfica 'A porta fechada' de Ana Gil Rodríguez atópase no Museo Provincial de Lugo

LugoXa
Esta exposición recolle o froito dun traballo de investigación sobre o espazo doméstico que a artista desenvolve desde 2006
A-Porta-Pechada-Museo-Lugo
25 Apr 2025

O Museo Provincial de Lugo acolle a mostra fotográfica 'A porta fechada' de Ana Gil Rodríguez (Ourense, 1973), que representa o fogar como espazo de submisión e desasosego, ata o vindeiro 15 de xuño.

A mostra, que poderá visitarse no Refectorio do Museo, recolle o froito dun traballo de investigación sobre o espazo doméstico que a artista desenvolve desde 2006 e que reflexiona sobre o fogar como espazo de submisión e desasosego.

A técnica empregada, a impresión fotográfica sobre aluminio brushed dourado, reforza a intencionalidade perturbadora deste proxecto artístico.

A exposición encádrase no programa “(Re)coñecer, (Re)presentar e (Re)distribuir da Rede Museística Provincial, que impulsa a presenza da creación artística e o comisariado feminino nos museos provinciais.

A deputada de Cultura sinalou que “este programa está a converter o Museo Provincial de Lugo nun espazo de referencia para a creación artística feminina galega”, lembrando a sucesión de exposicións de “artistas históricas como María Corredoyra, de artistas consagradas a escultora como Soledad Penalta ou a artísta do vidro Julia Ares, aínda coa exposición aberta no Museo, ou artistas menos habituais nos circuítos expositivos como Ana Gil Rodríguez”.

A responsable provincial valorou “a singularidade da proposta artística de Ana Gil Rodríguez, que conectou coa filosofía doutros proxectos expositivos promovidos pola Rede Museística que procurar representar e recoñecer historias soterradas ou silenciadas”.

O acto de inauguración tivo continuidade co espectáculo 'En busca de aire', unha peza de danza contemporánea a cargo de Carlota Pérez e Mikel Aristegui acompañada da música de Davide Salvado e Cibrán Seixo en directo.

⚙ Configurar cookies
0.16941118240356