A Muralla celebrou ao son da música de corais o seu aniversario como patrimonio mundial

LugoXa
Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua asistiron no Vello Cárcere ao encontro de corais co que o Concello de Lugo celebrará o 23 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.
corais aniversario muralla
1 Dec 2023

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua asistiron no Vello Cárcere ao encontro de corais co que o Concello de Lugo celebrará o 23 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Ferreiro afirmou que "celebramos unha data moi relevante na historia de Lugo, o aniversario da declaración como Patrimonio da Humanidade do noso monumento máis importante".

As corais do Hospital, Lugh realizaron un concerto no Vello Cárcere, realizando unha homenaxe coral á muralla. "A tradición da música coral que hai en Lugo pareceunos o mellor xeito de render unha homenaxe musical á muralla", explicou Maite Ferreiro.

Maite Ferreiro afirmou que "o recoñecemento da Muralla sería imposible sen a gran implicación que demostraron as institucións e a veciñanza de Lugo", e animou a todas as veciñas e veciños de Lugo "a gozar da muralla e a asistir ás actividades que celebran esta data tan sinalada para a cidade".

0.10332298278809