A música encherá as tardes de agosto en Portomarín co ciclo 'Tardeos'

LugoXa
Un ciclo de concertos e teatro ao aire libre animará as tardes de agosto na Praza do Camiño
Praza-do-Camiño-Portomarín
27 Jul 2025

A Praza do Camiño de Portomarín será o escenario dos 'Tardeos', un ciclo de concertos e actuacións culturais que se celebrará ao longo do mes de agosto.

A iniciativa, organizada polo Concello de Portomarín en colaboración con AGADIC e a Xunta de Galicia, ofrecerá espectáculos gratuítos para todos os públicos, sempre ás 20:00 horas.

O programa arrinca o 2 de agosto coa actuación da banda Carta de Ajuste. O 11 de agosto será a quenda de Os Piñeiros Band, mentres que o 16 de agosto subirá ao escenario o Trío – Los Wavy Gravies.

A programación continúa o 23 de agosto cunha proposta teatral a cargo de Lila Teatro, e remata o 31 de agosto coa actuación musical de Martín Human.

O ciclo 'Tardeos' busca dinamizar a vida cultural da vila durante o verán, ofrecendo tardes de lecer e música ao aire libre nun ambiente seguro e festivo.

⚙ Configurar cookies
0.16729092597961