A musicoterapeuta e educadora Ana Fernández imparte un obradoiro de percusión tradicional en Lugo
A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC organiza un obradoiro de percusión tradicional e utilidades educativas que se desenvolverán os días 23 e 30 de abril, así como os días 6 e 13 de maio. A musicoterapeuta, e educadora en igualdade Ana Fernández será a encargada de impartir as sesión presenciais deste obradoiro na Aula de Música de Formación do Profesorado.
A inscrición nesta activade socioeducativa é libre pode formalizarse de xeito gratuíto ata o 19 de abril través do formulario dispoñible en liña. As prazas son limitadas. O obradoiro de percusión tradicional é una actividade gratuíta aberta á participación de toda a comunidade universitaria da USC.
Estruturado en oito horas, as persoas inscritas poderán abordar da man de Ana Fernández os principais patróns rítmicos típicos da música tradicional galega, xa a través da utilización de instrumentos propios da nosa cultura musical (pandeiretas, pandeiros, tarrañolas…) xa con elementos cotiás (culleres, latas grandes, conchas de vieira, botella de anís...), desde unha perspectiva educativa e de xénero.
Esta actividade servirá asemade para poñer en valor a presenza feminina na tradición musical popular galega e tamén as posibilidades que esta tradición posúe para o ámbito da educación.