A nadadora lucense Ana Cernadas, seleccionada para o Campionato de Europa

LugoXa
A deportista, de 17 anos, estará no certame europeo despois dos éxitos acadados no Campionato de España Open Absoluto e Júnior.
miniatura club fluvial lugo ana cernadas natacion
31 Mar 2021

A nadadora do Club Fluvial de Lugo Ana Cernadas vén de ser seleccionada pola Real Federación Española de Natación para competir no Campionato de Europa Júnior, que se vai celebrar en Roma desde o 6 ao 11 de xuño.

A deportista, de 17 anos, estará no certame europeo despois dos éxitos acadados no Campionato de España Open Absoluto e Júnior, celebrado a pasada semana en Sabadell.

Nesa cita, Ana Cernadas conseguiu unha medalla de bronce nos 100 metros espalda, un récord galego e fixo a mellor marca galega nos 200 metros espalda.

Cernadas será a primeira nadadora do Club fluvial lucense que participará nun campionato Europeo Júnior.

club fluvial lugo ana cernadas natacion
0.19230914115906