A Noite Europea das Ideas contará coa participación de Lugo, Galway e Lorient

LugoXa
Lugo formará parte del debate Noche Europea de Ideas donde también estarán Galway y Lorient. El debate será online.
noite europea ideas
25 Xan 2022

Lugo formará parte este xoves, 27 de xaneiro, na Noite Europea das Ideas, un debate en liña organizado pola embaixada francesa en Irlanda, no que se reunirán os rexedores de Galway (Irlanda), Lorient (Bretaña, Francia) e Lugo. Os tres convidados contrastarán as súas ideas sobre a importancia da biodiversidade natural e a biodiversidade cultural no seo dunha Europa aberta ao mundo e conversarán sobre a influencia da cultura celta.

A identidade celta une a varios países e rexións de Europa: Bretaña en Francia, Galicia e Asturias en España, e Connacht en Irlanda. Estas rexións viven a construción europea como un factor de desenvolvemento para a súa identidade, a súa lingua e a súa cultura, aspectos que se abordarán ao longo da charla.

Esta iniciativa desenvólvese no marco da presidencia francesa do Consello da Unión Europea, durante o primeiro semestre do 2022, e en colaboración coa Universidade Nacional de Irlanda (Galway) e a Embaixada de España en Irlanda. Para seguir o debate é necesario rexistrarse, de maneira gratuíta, a través do seguinte enlace: https://tinyurl.com/5ek94fyy O evento dará comezo ás 19:00 horas e contará con tradución automática en inglés, francés e español.

A NOITE DAS IDEAS

Iniciada en 2016 durante unha velada que reuniu en París a grandes voces francesas e internacionais convidadas a dialogar ao redor dos grandes temas do noso tempo, a Noite das Ideas impúxose moi rapidamente na axenda francesa e internacional. Cada ano, o último xoves de xaneiro, o Institut Français convida a todos os lugares de cultura e coñecemento, en Francia e nos cinco continentes, a celebrar xuntos a libre circulación de ideas e coñecementos propoñendo, na mesma noite, conferencias, encontros, foros e mesas redondas, pero tamén proxeccións, espectáculos artísticos e talleres xuvenís, ao redor dun tema que cada un declina á súa maneira.

Para a sétima Noite das Ideas, que terá lugar o 27 de xaneiro de 2022, elixiuse o tema "(Re) construír xuntos" para explorar a resiliencia e reconstrución das sociedades fronte a desafíos únicos, a solidariedade e a cooperación entre individuos, grupos e estados, a mobilización das sociedades civís e os desafíos da construción e produción e dos nosos obxectos. Esta Noite das Ideas tamén estará marcada polo inicio da presidencia francesa do Consello da Unión Europea.

0.23709392547607