A nova directiva da coral Solo Voces reuniuse coa alcaldesa de Lugo
A nova directiva da coral Solo Voces, que hai uns meses cumpriu 32 anos de traxectoria, reuniuse coa alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, para falar dos proxectos futuros da agrupación así como dos principais obxectivos da coral.
Xunto á rexedora municipal estiveron a nova presidenta de Solo Voces, Daniela Ziegler; a súa tesoureira, Chelo Gómez; e o director do coro, Fernando Gómez Jácome.
A alcaldesa interesouse polas actividades que están a preparar para este ano e puxo en valor “a súa consolidación como un coro de peso no panorama musical galego” , que na actualidade está formado por uns trinta integrantes.
De Solo Voces, Paula Alvarellos destacou o seu “amplo repertorio, no que da prioridade e preferencia aos compositores lucenses como Pascual Veiga, Xoán Montes e Bal y Gay, pero tamén incorpora músicas populares, desde o folk e o jazz ao pop e o rock, o que lle da unha gran versatilidade á coral e fai que sexa unha referencia da cultura e da música en Galicia”.