A nova edición do Curso de Primavera versará sobre hortas, cultura, sostibilidade e saúde
O Lugo Cultura organiza os vindeiros 24, 25 e 26 de abril o Curso de Primavera que xa ten aberto o seu prazo de inscrición e que este ano leva por título Hortas: cultura, sostibilidade e saúde.
O día 24 ás 10.00 celebrarase a inauguración para continuar ás 10.30 coa formación Sostibilidade-actitude, acción e xustiza social a cargo de Javier Olleros, chef do restaurante Culler de Pau que conta con dúas Estrelas Michelín, 3 Soles Repsol, 1 Sol Sostible de Repsol.
De 12.00 a 14.00 sera a quenda de Pensar as hortas urbanas e as rurais: paisaxe e sostibilidade sociocultural. Esta formación contará con Araceli González Vázquez Científica Titular, Institución Milà i Fontanals- CSIC con Huertas rurales y periurbanas en Euskal Herria y Cantabria: Unamirada etnográfica y antropológica sobre las ecosofías locales e Pedro Tomé Investigador Científico do Instituto de Lengua, Literatura y Antropología, CSIC con ¿Sigue siendo sostenible la sostenibilidad?.
Xa pola tarde continuarán as xornadas ás 16.30 con Cos pés na horta. Paticiparán Miriam Elena Cortés Dpto. Historia da Arte, USC con Hortas e naturezas mortas. Visións dende a historia da arte e María Xesús Nogueira Dpto. Filoloxía Galega e Portuguesa, USC con Escribir (n)a terra. As actividades agrarias na poesía galega
Despois destas dúas charlas haberá un descanso para continuar con Ana Cabana, do Dpto. Historia e Proxecto Nomoholu da USC con Vellos e novos modelos de hortas urbanas en Lugo e Helga Peral, Enxeñeira Técnica Forestal con Visita guiada a hortas urbanas da cidade de Lugo.
Ás 19.30 será a quenda dunha actividade complementaria o Encontro de Lúa Minguante Claves da nova Lei de benestar animal na cafetería Facultade de Veterinaria a cargo de Luís Eusebio Fidalgo Álvarez, profesor da área de Ciencias Clínicas Veterinarias, Adriana Méndez Martínez, veterinaria do Hospital Veterinario Acea de Olga e estudante de doutoramento en Patoloxía de animais de compañia e Susana Muñiz de Miguel residente do European College of Animal Welfare and Behavioural Medicine e estudante de doutoramento en Etología e Benestar Animal. Moderará Javier Diéguez Casalta, profesor da área de Produción Animal. Facultade de Veterinaria.
Ao rematar a actividade haberá un concerto café de Chico López na Cafetería Facultade de Veterinaria.
O martes 25 as xornadas darán comezo ás 10.30 con Da horta á mesa que comezará cunha sesión que terá lugar no IES Sanxillao e na que participa a Asociación de Cociñeiros de Lugo e haberá un Showcooking e masterclass a cargo de Pablo Vila, xefe de cociña do restaurante do Hotel Oca Puerta del Camino e Diego López, chef restaurante Bulló.
Xa pola tarde ás 16.30 será a quenda de Hortas e paisaxes agrarias. Comenzando con María Concepción Fernández con De Georgiká a la obra odoariana y a Ledo, ‘o cura das abellas’. Usos agrícolas de la tecnología antigua a los tiempos modernos en documentación, toponimia y lenguaje para continuar con Carlos Baliñas con Stat rosa pristina nomine, nomina nuda tenemus. A reconstrución da paisaxe agraria da Galicia medieval.
A continuación haberá un descanso e será a quenda de Antonio Doval con Despoboamento e abandono de terras e aldeas en Galicia e Encarna Lago da Rede Museística de Lugo con Experiencias de sustentabilidade social, cultural e medioambiental en rede.
Para finalizar o mércores 26 de 10.00 a 14.00 De hortas, xénero, solos e consumos que dará comezo con Beatriz Fernández Herrero do Dpto. Filosofía e Antropoloxía, USC) con Ecofeminismo como proyecto ético y político e Remigio Paradelo Núñez do Dpto. Edafoloxía e Química Agrícola, USC con O solo nas hortas urbanas.
A continuación haberá un descanso para continuar con Mar de Santiago do Dpto. Socioloxía, USC coa charla Permacultura: proxeccións, realidades e metáforas e Elena Freire Paz do Dpto. Filosofía e Antropoloxía, USC con Nada como o da casa. Entender o consumo de alimentos da horta en Lugo”
Para finalizar estas xornadas de formación ás 21.00 haberá unha actividade complementaria, o concerto de Grande Amore que se celebrará na praza de Santa María e en caso de choiva, no Auditorio da Facultade de Veterinaria.