A nova plataforma veciñal do Centro reclama unha fonte para Santo Domingo

LugoXa
A Plataforma de Veciños do Barrio Centro de Lugo solicita ao Concello se dote dunha fonte á Praza de Santo Domingo tras as obras de peonalización.
29 sep 2023

A Plataforma de Veciños do Barrio Centro de Lugo solicita ao Concello se dote dunha fonte á Praza de Santo Domingo tras as obras de peonalización.

Esta emblemática praza da cidade ten fonte desde hai 170 anos e quedaría sen fonte algunha tras as obras de peonalización, ao non contemplarse no proxecto inicial.

Na súa liña de realizar propostas serias, viables e documentadas, a Plataforma de Veciños do Barrio Centro de Lugo xustifica a súa solicitude mediante un documento presentado no Concello, no que se fai un repaso histórico das distintas fontes existentes na Praza, desde a primeira, construída en 1853 ata a actual, despois dun labor de documentación no seo desta entidade veciñal. Consideran ademais os veciños, que Lugo debe seguir a liña doutras cidades e dotar ao espazo público de fontes, que cobran especial importancia na actualidade, sendo cada vez máis frecuentes episodios de calor intensa derivados do actual cambio climático.

0.19382691383362