A nova plataforma veciñal do centro renúnese co Concello para tratar sobre as novas obras
LugoXa
A Plataforma de Veciños do Barrio Centro de Lugo, recentemente constituída, acude hoxe a unha reunión no Concello de Lugo.
3 May 2023
A Plataforma de Veciños do Barrio Centro de Lugo, recentemente constituída, acudirá hoxe mércores a unha reunión no Concello de Lugo, que solicitaron de urxencia, para presentar a Plataforma e expoñer as propostas aprobadas polos veciños no seo da mesma Plataforma, respecto do Plan de Tráfico deseñado para as obras de peonalización no barrio e aos propios proxectos de peonalización.
Hoxe tamén, ás 19:30 horas, a Plataforma reunirase de novo para trasladar aos veciños o tratado na reunión co Concello e debater e acordar os novos pasos a seguir. Para esta nova reunión da Plataforma, escolleuse un local nunha das zonas do Barrio en que as obras son inminentes, no baixo sito na Rúa San Fernando, 14-15.