A nova praza do Sagrado Corazón estrea novo mobiliario urbano

LugoXa
La nueva plaza del Sagrado Corazón estrena nuevo mobiliario urbano. La actuación cuenta con un presupuesto de 86.020 euros.
mobiliario praza sagrado corazon
28 Abr 2022

O edil de Infraestruturas, Alexandre Penas visitou a praza do Sagrado Corazón, onde se procedeu a colocar o novo mobiliario urbano. "A veciñanza da zona pode desfrutar xa dunha praza totalmente renovada e humanizada, dando continuidade ao traballo realizado tras a instalación do novo ascensor", detallou o edil de Infraestruturas, que visitou ao persoal da obra durante a colocación do mobiliario.

Esta obra está a ser executada pola área de Mobilidade e Infraestruturas urbanas para garantir as boas condicións dos servizos públicos e mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna. Alexandre Penas explicou os traballos realizados na zona, consistentes na renovación do firme da praza e da súa iluminación, "convertendo esta praza nun espazo máis aberto e amable coas persoas e comunicándoa co ascensor recentemente inaugurado". Coa renovación do alumeado público avanzouse na implantación de luminarias LED.

A actuación conta cun orzamento de 86.020€. Para a área de Infraestruturas Urbanas, os barrios teñen que ter as atencións necesarias. Alexandre Penas indicou que "podemos facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloren a calidade de vida das persoas".

0.19872403144836