A nova relación de postos de traballo do Concello de Baleira sae adiante co apoio de CSIF

LugoXa
A central sindical salienta que as achegas da súa delegada foron claves para aprobar a RPT nunha mesa de negociación que contou coa colaboración do goberno local
Concello-de-Baleira
12 Jul 2025

O Concello de Baleira acaba de aprobar unha nova Relación de Postos de Traballo (RPT) logo dunha negociación que contou co apoio da Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF).

Segundo indicou a organización sindical, as achegas realizadas pola súa delegada foron decisivas para que o documento obtivese o visto bo da Mesa Xeral de Negociación, ao recoller as necesidades reais da plantilla e recoñecer o labor desenvolvido polos traballadores e traballadoras municipais.

Desde CSIF sinalan que a nova RPT garante seguridade xurídica e supón un paso importante na mellora dos servizos públicos, así como nas condicións laborais dos empregados municipais. A central sindical agradeceu expresamente ao equipo de goberno e ao alcalde, Ángel Enrique Martínez-Puga, a súa disposición para chegar a un acordo, destacando a importancia do diálogo para avanzar na xestión pública local.

A aprobación desta RPT constitúe, segundo subliña CSIF, un avance para dignificar o traballo do persoal e adaptar a estrutura administrativa do Concello de Baleira ás necesidades actuais do servizo á cidadanía.

⚙ Configurar cookies
0.21180987358093