A obra da glorieta de Outeiro de Rei licitarase en 405.500 euros

TerraChaXa | LugoXa
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible formalizou por 405.
cruce outeiro de rei rotonda
29 Nov 2023

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible formalizou por 405.485,86 euros (IVE incluído) as obras de mellora da seguridade viaria, mediante a implantación dunha glorieta, na intersección do punto quilométrico 513,670 da estrada N-6, no termo municipal de Outeiro de Rei.

A actuación proxectada consiste na transformación en glorieta da actual intersección en ‘T’ da estrada N-6 coa estrada autonómica LU-115, que mellora a súa funcionalidade ao resolver de forma máis adecuada os importantes movementos de xiro alí existentes.

Tamén incrementará a seguridade viaria da zona, facilitando todos os movementos e permitindo acougar a velocidade media do tráfico ao seu paso pola travesía de Outeiro de Rei e dispoñendo ademais de novos cruces peonís seguros nos tres accesos á glorieta.

Así mesmo, contémplase a reposición de itinerarios peonís, paradas de autobús, elementos de drenaxe, sinalización, iluminación e outros servizos que resulten afectados polas obras da glorieta.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19273614883423