A obra 'En Carne Viva' de Bengala Teatro reflexiona sobre xénero e identidade

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
O espectáculo, da compañía Bengala Teatro Físico, está dirixido ao alumnado de Meira, Pontenova e Pastoriza e tamén se poderá ver o público xeral
Bengala-Teatro-na-carcel-de-Bonxe
16 Nov 2025

A compañía lucense Bengala Teatro Físico presentará o próximo 26 de novembro en Meira a súa obra En Carne Viva, tras representar este espectáculo noutras vilas e incluso no centro penitenciario de Bonxe.

A función dará comezo ás 11:00 horas na Casa da Cultura de Meira, está dirixida especialmente ao alumnado dos institutos de Meira, A Pontenova e A Pastoriza, aínda que tamén estará aberta ao público xeral ata completar aforo.

A obra aborda temas como a disforia de xénero, a frustración, o amor, o suicidio e a xuventude, e propón ao público unha reflexión sobre a sociedade actual: ata onde pode chegar a opresión dun ser humano para que cometa o innomeable. Este espectáculo recibiu recentemente o Segundo Premio na categoría de teatro profesional do Xuventude Crea da Xunta de Galicia.

A metade da orixe da obra vén dunha vila próxima, Muimenta, de onde é Andrea Maseda, co-xestora e actriz da compañía. A iniciativa foi posible grazas ao patrocinio do IES Enrique Murais da Pontenova, e coa colaboración do Concello de Meira e do Concello da Pastoriza, unindo recursos para acadar un obxectivo común: que a mocidade do territorio se achegue ao teatro e traballe valores fundamentais como o respecto, a empatía, a diversidade e a igualdade.

⚙ Configurar cookies
0.071338176727295