A obra 'O Charco de Ulises' terá lugar hoxe ás 20.30 horas no Gustavo Freire

LugoXa
La obra de teatro O Charco de Ulises se representará hoy a las 20.30 horas en el Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.
o charco ulises
9 Dec 2021

A obra de teatro O charco de Ulises terá lugar hoxe ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire. O espectáculo é unha produción do Centro Dramático Galego co texto de Santiago Cortegoso. A adaptación e dirección de escena corre a cargo de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso

As entradas pódense adquirir a través da páxina: www.entradaslugo.es

O Charco de Ulises
É unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto atlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Buenos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.

Ulises está considerado, na cultura occidental, o primeiro emigrante; o primeiro ser humano que experimentou unha nostalxia pola súa terra.

En Galicia temos dúas palabras máis para chamarlle a isto: saudade e morriña. Un sentimento complexo, consecuencia dun fenómeno complexo.

A obra transcorre en paralelo co desenvolvemento argumental da obra de Homero: a viaxe de Telémaco na procura do seu pai (visitando a Néstor, a Menelao e Helena...) e a de Cheirases polas diferentes illas nas que se atopa con personaxes fantásticos (Calipso, Circe, Nausícaa, Polifemo, o canto das sirenas...). Vaise pegando e separando do mito orixinal, xerando un diálogo co clásico para xogar con el, para traizoalo en moitas ocasións e, sobre todo, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético. E tamén para darlle unha nova dimensión aos personaxes femininos que aparecen na Odisea.

O charco de Ulises trata da viaxe como concepto vital da existencia do ser humano no tempo, trata dos movementos migratorios, do multiculturalismo, da necesidade - ou non - de traspasar calquera fronteira. Fai unha relectura do clásico universal de Homero contextualizándoo nun fenómeno sociolóxico que marcou a historia do pobo galego.

o charco ulises
0.21589589118958