A obra que unirá a LU-124 co Coto de Otero de Mondoñedo, un pouco máis preto

LugoXa | AMariñaXa
1 Abr 2020

O Concello de Mondoñedo, a pesares das difíciles circunstancias provocadas polo crise sanitaria que derivou no estado de alarma, mantén, dentro das posibilidades e seguindo as disposicións para evitar contaxios, a actividade administrativa co fin de servir aos intereses dos veciños. Neste sentido, avanzan os trámites para facer posible no seu momento a execución dunha infraestrutura que será moi útil aos veciños, como será o vial que conectará a LU-124 co barrio de Coto de Otero.

O Concello acaba de enviar para a súa publicación no Boletín Oficial do Estado o correspondente anuncio para notificar a seis propietarios afectados pola expropiación de terreos para a citada obra, dos que non se coñecía a dirección para comunicarlles o corresponde acordo municipal, ou non foi posible a notificación. Son en total seis propietarios.

A obra da nova via entre a LU-124 e o barrio de Coto de Otero ten un presuposto de 38.065,56 euros. A memoria técnica e a relación de bens e propietarios afectados pola expropiación foi aprobado polo pleno en marzo do ano pasado. Agora, o Concello avanza no proceso para a consecución dos terreos necesarios comunicando mediante o BOE a expropiación aos propietarios aos non foi posible notificarlla por outras vías.

0.21628713607788